Segunda proba de O-Pé, A Baiuca.

| Club A.P.A. Liceo La Paz

   O Club APA Liceo organiza a segunda proba do calendario de orientación a pé. Terá lugar o día 5 de marzo de 2011 en A Baiuca, Arteixo, A Coruña.

  A saída estará no mesmo lugar que o ano pasado, na urbanización Penouqueira de A Baiuca. Coords UTM da zona de parking: 540265; 4794675 (Zona 29T).

  Axiña estará dispoñible o boletín con toda a información.

Publicado o Ranking O-Pe 2011

| A.Ga.C.O

Na sección de descargas da web da AGACO xa dispoñedes do primeiro ranking O-Pe deste 2011.

RESULTADOS ESCUSA

| Club A Roelo - Montañeiros de Pontevedra

Publicanse os resultados provisionales da 1ª proba da Liga Galega de Orientación 2011 (ESCUSA)

Calendario 2011 actualizado

| A.Ga.C.O

Listo para a súa consulta, na sección de descargas. Inclúe os ultimos cambios aprobados pola Asamblea. Ademáis, a proba escolar de Ourense disputarase finalmente o día 31 de marzo.

Adestramento de Ártabros e Liceo

| A.Ga.C.O

Os clubs SM Ártabros e APA Liceo continúan co programa de adestramentos e organizan, o sábado día 12 de febreiro, un novo adestramento para corredores federados e membros deses clubs. Será no mapa do Parque de Bens, A Coruña. Nesta ocasión NON se utilizará o sistema de control sportident. Cadaquén terá que levar as súas copias do mapa. O percorrido estará listo a partir das 11h da...

Modelos de solicitude para autorizacións

| A.Ga.C.O

Na sección de artigos creouse unha nova entrada con todos os modelos de documentos necesarios para solicitar autorización administrativa para a realización de eventos deportivos.

RAID Social Monfero 2011

| A.Ga.C.O

Información sobre o raid social que organiza o Club Montaña Ferrol en Monfero:http://www.clubmontanaferrol.com/novedades/2011/02/raid-social-monfero-2011/