Artigos

Modelos de solicitude para autorización de eventos

A AGaCO pon a disposición dos clubs unha serie de documentos necesarios para acadar a autorización administrativa para a realización de eventos do deporte de orientación e raids de orientación e aventura. Déixanse en formato PDF para a súa consulta e tamén en formato Word para a súa edición e adaptación a cada evento en particular.

GPS e deporte de orientación.

Artigo creado por Miguel Camblor acerca do uso do GPS no deporte de orientación, dedicado sobre todo ás posibilidades desta tecnoloxía dentro dos adestramentos neste deporte.

Creación dun Club Deportivo

Descrición dos pasos que son necesarios para realizar a creación dun Club Deportivo e para inscribilo no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta.

Introducción á orientación.

Documento creado por David Casado no que se fai unha breve introducción ás carreiras de orientación e os elementos que se utilizan nunha competición.

Aplicación para xestión de probas de 1 día. ACTUALIZACION 2011. Soporta SportIdent.

Desde o club APA Liceo ponse á disposición dos interesados unha pequena e simple aplicación, en forma de libro Excel, que permite realizar as tarefas de xestión dunha proba de 1 día.

O obxectivo é soamente o de axudar a cubrir as necesidades básicas de todo organizador deste tipo de probas. O feito de presentalo en Excel permite a calquera usuario minimamente experimentado sacarlle maior partido aos datos, máis aló das funcións implementadas.

É compatible co formato dos formularios utilizados na AGaCO no 2010, o que permite unha rápida integración de datos de participantes.

Como novidade, hai que suliñar que esta utilidade é capaz de manexar o sistema de control Sportident, a través dun control externo proporcionado de xeito gratuito polo creador do sistema www.sportident.com. Atención: estas novas funcións non foron aínda probadas nun evento real.

Guía de útiles do cartógrafo aficionado.

En internet completouse recentemente un circuito que proporciona, no ámbito galego, varios tipos de información útiles para o desenrrolo de mapas base cos que comeza-lo levantamento de mapas de orientación.

Guía para a maquetación de percorridos.

A través da seguinte ligazón podes consultar ou baixarte unha guía práctica adicada ós organizadores de probas de orientación, que ten como obxetivo amosar unha serie de pasos para facer máis sinxelo o labor de preparación e maquetación dos percorridos que se utilizan nunha proba.